1 de xullo de 2015

Encontro galego de Podcasting, GaliPod

Este sábado, 4 de xullo, vai haber un encontro de podcasteiros en Ourense, no Magma Espacio. Haberá obradoiros, un debate asembleario no que imos falar sobre a organización do poscasting en Galicia e o seu aquel, xantar pola zona de viños e, pola tarde, gravación de falangullos ao vivo... En fin, sexas podcasteiro ou ouvinte... Tes que vir!
Como queremos saber, máis ou menos, canta xente vai vir creamos un formulario de inscrición, onde podes atopar, tamén, máis información sobre o Encontro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com