24 de febreiro de 2008

C'mmons baby! #07a (A Regueifa Plataforma)


Estreamos nova xeira en C'mmons baby! (emitindo xa en galego) coa primeira parte da entrevista que lle fixemos hai uns días a Noel Feáns, rexedor de A Regueifa Plataforma, netlabel sobranceiro da escea musical galega, e algo máis. A conversa, gravada no pub Bolengo Pop, de case unha hora dividímola en dúas partes para facelo máis ameno; a segunda parte chegará na vindeira fin de semana. Estas dúas emisións van ser algo máis extensas dos 20-25 minutos que adoita durar C'mmons baby! e a calidade da gravación non é moi alá, mas consideramos que con todo paga a pena a entrevista. A música póñena dous dos últimos lanzamentos da Regueifa e un dos seus grandes descubrimentos.



Baixar o mp3

  • Capitán Furilo. Beat
  • Quant. Dollars in her eyes
  • Projecto Mourente. Que me enterrem na discoteca

Enlaces relacionados: A Regueifa Plataforma; Capitán Furilo; Quant, no myspace; Projecto Mourente, no myspace; ouvirmos; Café-Pub Bolengo Pop.
cookieassistant.com